Nestes tempos que corren, a noa sociedade fíxose máis consumista, egoísta e individualista. Cada un vai ao seu, sen ter en consideración aos demáis. Unha sociedade lonxe de ser envidiable.
Cando escoito falar a miña avoa e as persoas que viviron as penurias da Guerra Civil e a dureza da posguerra, contar as necesidades que tiñan e a precariedade na que vivían, chámame a atención que unha cousa os facía máis fortes: a axuda, desinteresada moitas veces, que se prestaban os uns aos outros. Era duro, pero vivíase doutra maneira: había medo, fame, enfermidade,… pero tamén respecto e moita máis solidariedade.

Ás veces pensamos no que podemos nós facer para solucionar isto, que un só non pode facer nada e, coma xurdindo desa nada, aparece nas nosas vidas unha idea capaz de tocar no corazón de toda unha parroquia: A Misión.

A idea é tentadora e vén precedida de moi bos informes. O noso párroco sempre insistiu en que todo sairía ben, que sería algo moi bo para a parroqia. Mais o medo ao descoñecido sempre está presente.

¡Xa chegou! Celebrámolo na parroquia con moito nerviosismo e co incertidume de si resultaría e de si realmente pagaría a pena.
Os días foron pasando, a xente acudía en maior ou menor medida, o contacto foi intenso. Quen verdadeiramente sentiu o cambio sigue ahí ahora, facendo que A Misión perdure no tempo e irradie a alegría que supón compartir a nosa fé.
Unha das mellores cousas que esta Misión conseguiu foi que nos deramos conta de que non podemos encerrarnos en nós mesmos e gardar a nosa fé só para nós. Había que saír e falar e compartila cos demáis; perder o medo ao que dirán de min.

Esta experiencia única que tivemos oportunidade de disfrutar debemos agradecerlla ao noso párroco D. José Antonio, quen, por ser persoa altamente sensible ás necesidades da parroquia, soubo afrontar o reto que supoñía a presentación dun novo enfoque para entender a nosa fé, lonxe do anterior, obsoleto e xa carente de sentido. Os cambios tamén poden ser bos e estamos a tempo de cambiar; o tempo dará ou quitará razóns.
Para todos aqueles que non tiveron a oportunidade de participar nesta Misión, quedades invitados a acercarvos a sentir eses cambios que seguro alegrarán as vosas almas.

Un saúdo dunha misonera.